Repsol

Os sabores de España


Se ben é certo que no noso país a expresión "sentarse á mesa" pode transformarse en "quedar de pé" ou en "mellor comemos na barra"; o que resulta inconfundíbel é que o estilo máis tradicional e o máis vangardista sempre estarán acompañados dunha mesma cousa en España: os sabores máis característicos.

A terra nunha rebanda

Os sabores de España

Comecemos polo grande emblema da gastronomía local: o xamón de porco ibérico de landra. Un produto que está entre os catro grandes da cociña universal (xunto ao foie gras, a trufa e o caviar). 

Aínda que non faremos moita énfase no xamón (non porque non o amerite, senón porque en www.guiarepsol.com temos un apartado adicado exclusivamente el) o que si é importante ter en conta é que provén dos porcos ibéricos, ou os pertencentes ao "tronco ibérico" -como prefiren chamalos algúns autores pois hai varias razas- que ceban nas Devesas. 

Alí pastorearán e andarán moito para lograr unha musculatura consistente. En España hai 4 Denominacións de Orixe: D.O. Guijuelo; D.O. Jamón de Huelva; D.O. Ls Pedroches e D.O. Dehesa de Extremadura.

Oliveirais e queixos a granel

Os sabores de España

Con respecto ao aceite de oliva, resulta que dos nosos chans emerxen millóns de oliveiras (preto do 25% da superficie da plantación mundial) que permiten unha produción media anual de entre 700.000 e 800.000 toneladas. E somos o primeiro país do globo en produción de aceites de oliva Virxe Extra. 

España é tamén a segunda potencia mundial en queixos grazas a algúns coma o Manchego (elaborado con leite de ovella); acompañado pola Torta del Casar e de la Serena (tamén de ovella pero ambos os dous de pastas brandas); e polo asturiano Cabrales, co seu intenso e picante sabor. En canto ás Denominacións de Orixe Protexidas podemos atopar ata 27. 

Así mesmo, somos unha referencia en conservas de peixes e mariscos. GaliciaCantabria son os máximos expoñentes (aínda que tamén se elaboran ao longo da costa Mediterránea e do estreito de Xibraltar). Estas conservas envásanse con auga e sal (coñécense como "ao natural"); con aceite de oliva ou en escabeche.

Todo cabe nunha copa

Os sabores de España
Segundo o dito popular, "con pan e viño ándase o camiño". E en España podemos dicir que temos unha importante cultura vitivinícola, grazas a adegas centenarias e novas, das que proceden hoxe en día algúns dos mellores viños. Que non falte na adega o noso inconfundíbel Albariño; tampouco os tintos de Rioja (elaborados coa variedade Tempranillo, que é a máis importante na rexión); ou os viños de Ribera del Duero. Moito menos os cavas (os escumosos españois por excelencia). Por certo, que son cada vez máis versátiles, así que poderiamos tomar unha comida só con este escumoso. Todo o universo do viño tamén podemos descubrilo no apartado Todo un mundo de viños da nosa Web.