Descarga aquí as aplicacións gratuítas
de Guía Repsol para iPad e iPhone
En Guía Repsol queremos facerche máis doados e cómodos todas as túas viaxes e escapadas. Por iso poñemos á túa disposición os nosos contidos de xeito gratuíto e nos soportes máis vangardistas: iPad e iPhone.
Para descargar estas novas aplicacións da Guía Repsol só tes que entrar na Apple Store e, dun xeito moi sinxelo, poderás comezar a gozar dos nosos contidos. Tamén podes acceder á tenda virtual de Apple dende a ligazón que che facilitamos en www.guiarepsol.com
.
Se o teu dispositivo é o iPad, en Guía Repsol desenvolvemos dúas aplicacións para que saques todo o partido ás túas viaxes: “Guía Repsol Restaurantes” e “Guía Repsol de los Mejores Vinos”. A primeira, que actualizaremos periodicamente, ofrecerache a información máis útil e completa sobre os 2.100 restaurantes seleccionados por Guía Repsol, máis de 2.000 hoteis e perto de 3.600 Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor. Así, poderás acceder aos datos máis importantes dos estabelecementos consultados a través de sinxelas fichas: enderezo, teléfono, mail, horarios, prezos ou servizos máis destacados.
Na “Guía de los Mejores Vinos" seleccionamos para ti o máis representativo do mundo do viño en España: 1.500 viños e 655 adegas ao teu alcance no iPad. Esta mesma información tamén está dispoñíbel para o teu iPhone, e ademais, neste caso, incorporamos multitude de melloras de usabilidade e as suxestións dos usuarios que xa se descargaron a aplicación en 2010.
¡Descárgao agora! Só tes que premer nas nosas ligazóns á Apple Store.