Dise que quen bebe auga na fonte de Canaletas, situada ao principio das Ramblas, está "condenado" a regresar á Cidade Condal. E o certo é que quen a visite en 48 horas deberá volver nalgún momento. Nun par de días é imposible abranguela enteira, aínda que nese tempo si que podemos ver e vivir o necesario para non a esquecer nunca.
Primeira mañá
9.30 h - A alma da cidade
Unha escapada de dous días por Barcelona debe empezar cunha boa vista panorámica da cidade. Unha das mellores, situada no centro "moderno" da cidade, no barrio do Eixample de Barcelona, é a que se obtén dende a Casa Milà, tamén coñecida como La Pedrera
.
Este é o mellor exemplo para saber que é un edificio de vivendas de estilo modernista. Esta xoia arquitectónica foi deseñada por Gaudí durante a primeira metade do século XX, pero hoxe en día aínda nos deixa coa boca aberta pola súa orixinalidade.
Alí poderemos matar dous paxaros dun tiro: coñeceremos de preto unha das obras máis importantes do artista e gozaremos da paisaxe urbana dende unha perspectiva diferente e descoñecida para o visitante. Ademais, se imos á primeira hora, evitaremos as colas de visitantes que se forman á entrada e renderanos moito máis a xornada.
11.30 h - Esencia do Modernismo
Despois de La Pedrera, poderemos impregnarnos da tradicional paixón barcelonesa polo deseño, que xa vén de lonxe. En moitos lugares da cidade, encontramos edificios de estilo modernista.
Este era o estilo preferido da burguesía de principios do século XX. Deixando á parte a xoia da coroa, que é o templo da Sagrada Familia
-de visita obrigada en pleno Eixample barcelonés-, non nos podemos perder a popularmente coñecida como a Mazá da Discordia coa Casa Amatller
, a Casa Batlló
, etcétera.
Este tramo de Passeig de Gràcia comprendido entre as rúas de Consell de Cent e Aragó é unha exposición única de arquitectura modernista catalá a escala 1:1 concentrada en poucos metros.
A outra grande obra modernista da cidade, tamén creada por Gaudí, é o Park Güell
. Queda lonxe do centro, pero trátase dun lugar único no mundo e merece darse un paseo ata alí. En calquera caso, a combinación de autobuses 16 (Pg. de Gràcia / Mallorca) e 31 levaranos ata alí nuns 25 minutos.
12.30 h- Un toque de bo gusto
Tras gozar das xoias arquitectónicas que posúe o Passeig de Gràcia, agora pode ser un bo momento para ver as marabillas que nos ofrecen as súas tendas. Nesta mesma rúa e os seus arredores encontraremos as mellores tendas da cidade en moda e marcas. Un paseo entrando nalgunhas delas e concedernos un capricho non estará de máis.
Outra opción, tamén cun punto de sofisticación e curiosidade, será achegármonos ata o número 39 de Passeig de Gràcia, onde encontraremos o Museo do Perfume
. Trátase dunha "delicatessen" moi pouco coñecida que ben merece unha pequena parada.
E para rematar con outra opción alternativa podemos ver un dos mellores patios interiores do barrio do Eixample na tenda Vinçon
. Seguramente é unha das tendas que máis se identifica coa cultura do deseño que se asocia internacionalmente a Barcelona. Nela, encontraremos espectaculares obxectos de autor para un regalo orixinal.
Primeira tarde
14.00 h - Moito máis que mercados
Ao final do Passeig de Gràcia, en dirección ao mar, e xa entrando de cheo na famosa Rambla de Canaletes no distrito de Ciutat Vella, poderemos visitar algo sorprendente.
Trátase de dous mercados que son dúas xoias, tanto polas súas tendas coma polo seu ambiente e deseño. Aquí deberemos tomar unha decisión: desviarnos cara ao mercado de San Xosé, máis coñecido como a Boquería
, ou ben optar polo de Santa Caterina
, xusto ao lado da Catedral, no Barrio da Ribeira.
O primeiro é famoso polo seu colorismo e por unha oferta que abrangue dende as peras de Lleida ata as formigas fritidas de África. Nel podemos buscar a barra do bar Pinocho, cunha selección de tapas orixinais e extraordinarias ás que é asiduo o afamado xefe de cociña catalán Ferran Adrià. Comer alí é unha experiencia inesquecible.
O mercado de Santa Caterina, pola súa banda, exhibe un espectacular teito vangardista do estudio Miralles/Tagliabue. De feito foi o primeiro mercado cuberto da cidade. Diso, hai xa máis de 160 anos. No seu interior esconde o moderno e recoñecido restaurante Cuines
, para comer sen présas.
En cambio, se preferimos comer con menos abafos dos que pode ofrecer o interior dun mercado como estes, en continua ebulición, podemos visitar o Senyor Perellada
(Recomendado por Guía Repsol), Ca l'Isidre
(Dous Soles Repsol) ou o Shunka
(Recomendado por Guía Repsol ), unha das mellores barras de Sushi de Barcelona. Calquera que sexa a elección dará fe do nivel gastronómico da cidade.
16.00 h - A Barcelona romana
Despois dun merecido descanso e unha boa comida, o ideal é poñerse de novo en marcha para seguir descubrindo a cidade. Xa sexa vindo dende a Rambla ou dende a vía Augusta, a tarde dedicarémola á Barcelona medieval e romana. O mellor é perdérmonos por rúas con nome de antigos gremios, como a rúa Llibreteria, Comerç, etc., onde atoparemos tendas de segunda man, anticuarios...
Aquí sitúasea Catedral de Barcelona
, en pleno Barrio Gótico. Xusto detrás da catedral encontramos unha pequena e estreita rúa chamada Paradís.
Alí descubriremos unha curiosidade que mesmo moitos barceloneses descoñecen e é que, no edificio que aloxa o Centre Excursionista de Catalunya
, ocúltanse os restos do templo de Augusto. Neste lugar, ademais, pódese ver a placa que sinala o lugar exacto onde os romanos fundaron a cidade. A pesar de tratarse dunha entidade privada, poderemos acceder sen problemas ao edificio.
18.00 h - Shopping alternativo polo Born
Tras este achado fundacional, non podemos rematar a xornada sen coñecer un dos barrios máis descoñecidos para os visitantes. Trátase do barrio do Born, onde destaca a bela basílica de Santa María del Mar
, na que se inspirou o bestseller La Catedral del Mar. Visitándoa recoñeceremos varias pasaxes desta novela de éxito.
Dende hai unha década, o Born, situado a 10 minutos da Catedral baixando pola rúa Argenteria, converteuse nun dos barrios máis in da cidade. Alí, apuraremos a tarde entre as súas tendas de moda alternativa e de deseñadores á última.
Moitas destas tendas están instaladas en edificios góticos ou museos que ocupan antigos pazos, como o dePicasso
ou o de indumentaria. Ás veces, custaranos saber que resulta máis bonito, se a tenda, a roupa ou os artigos que se ofrecen...
20.30 h - Cea e copas en territorio bohemio
A xornada foi espectacular, pero tamén longa e esgotadora, por iso unha grande opción é quedar polo barrio para tomar un aperitivo e unha cea diferente. E é que o Born, cando as tendas pechan e as luces dos farois se acenden, cambia por completo. Convértese nun lugar bohemio, con encanto, con artistas e modelos que saen vestidos á última. Aquí hai varios locais onde se poden tomar unhas boas tapas, como o Taller de Tapas
(rúa Argenteria, 51) ou o Golfo de Bizcaia (rúa Vidriera, 12).
Tamén encontraremos algúns lugares emblemáticos, como o Xampanyet, no número 22 da rúa Montcada. Para ceas máis formais, no Comerç 24
gozaremos dunha excelente cociña de autor, e o Espaisucre
(recomendado por Repsol ) sorprenderanos absolutamente, xa que é o único restaurante de sobremesas do mundo. Pero non temamos, cearemos de marabilla.
Máis tarde, no Born empezaranse a subir as persianas dos locais para alongar a noite. No mesmo Passeig del Born, encontraremos numerosos bares, como o Miramelindo (no número 15, un lugar perfecto para saborear mojitos e caipiriñas) ou El Copetín (no número 18). A poucos metros, no número 27 da rúa Marquès de l'Argentera está o Diobar; un dos clubs de música negra máis de moda de Barcelona.
No Passeig Picasso número 40, encóntrase a famosa discoteca Magic Rock, para roqueiros incondicionais. Todos eles permitirannos gozar da noite ata que o corpo aguante.
Segunda mañá
09.30 h - Mirando ao mar
Barcelona abriuse ao mar cos xogos olímpicos e debemos sacarlle partido durante a nosa segunda xornada. Para empezar, tomamos a clásicagolondrina
(o tradicional barco turístico da cidade) no Port de la Pau. Os despachos de billetes encóntranse aos pés da estatua de Colón (que non sinala a América, como calquera puidese pensar, senón cara a Madagascar).
Dende alí navegaremos ata o dique para obter unha vista alternativa da fachada marítima: Barcelona vista dende o mar. Esta imaxe é moi pouco habitual para un visitante que debuta na cidade, pero é unha cita obrigada para calquera barcelonés que se gabe de selo. Hai embarcacións que viaxan ata o dique, mentres que outras permiten apreciar o perfil do porto olímpico e as torres Mapfre.
11.30 h - Do Maremagnum á Barceloneta
O barco volveranos deixar ao pé de Colón. Partindo dende alí, xusto ao lado, abordaremos unha xoia da arquitectura: a ponte do Maremagnum. Esta é unha das dúas pontes levadizas (xunto coa do porto de Valencia) que existen en España.
Polo tanto, antes de atravesala, deberemos asegurarnos de que o semáforo estea en verde. Esta ponte deixaranos no Maremagnum, un dos centros comerciais e de ocio máis importantes da cidade. É un lugar moi interesante para ir de compras. Ao estar situado en porto franco, moitos artigos non pagan aranceis e son máis baratos.
En cambio, se as compras non son o noso, podemos aproveitar para visitar o Museo Marítimo de Barcelona
, en Drassanes. Alí, sorprenderémonos coa exposición das mil e unha embarcacións que se utilizaron para navegar polo Mediterráneo nos últimos 500 anos.
Sexa cal sexa a elección que tomásemos, ao rematar deberemos dirixirnos cara a un dos barrios máis emblemáticos de Barcelona: a Barceloneta. Dende o Maremagnum é un paseo duns 10 minutos polo Moll de la Fusta (a parte antiga do porto de Barcelona) e sempre dirección ao mar. Alí poñerémonos en contacto cun dos tesouros naturais desta cidade: as súas praias
(San Sebastián, El Bogatell, Mar Belo, Nova Icaria, Barceloneta, etcétera).
En inverno, con moita menos xente, transfórmanse nun lugar de encontro tranquilo. Aquí practícanse os deportes de praia e de auga e, por suposto, tómanse os clásicos xantares ou aperitivos nos quioscos a poucos metros do mar, coa luz e o sol do inverno. É recomendable pararse no Goa Beach Club, na praia de San Sebastián, onde se rodou unha secuencia da película Vicky, Cristina, Barcelona.
Segunda tarde
13.30 h - Do mar ao ceo
A estas horas, a fame aperta e é hora de tomar decisións importantes, como a de empezar a tomar posicións para comer. Para iso, e partindo da Barceloneta, temos varias opcións. A máis cómoda é a de saborear un bo arroz en calquera dos restaurantes que bordean as praias, especialmente na Barceloneta e no Porto Olímpico
.
Ofrecen moi boa comida mariñeira en Can Majó
(arroz caldoso espectacular) e tamén en Casa Solé (rúa Sant Carles, 4), fundada en 1903 e famosa polos seus arroces e por ser unha das preferidas de Manuel Vázquez Montalbán. Tamén destacan Els pescadors
(Recomendado por Guía Repsol ) e Lluçanes
(galardoado cun Sol Repsol) onde poderemos probar o tradicional Mar e Montaña catalán.
Outra opción, máis espectacular pero menos habitual, é a de subir á montaña de Montjuïc co funicular
e gozar dunha comida con panorámica da cidade dende o restaurante Torre de alta mar
; Non o poderemos esquecer nunca.
17.00 h - A montaña máxica
Xusto detrás do castelo de Montjuïc
, ao lado das Piscinas Picornell, encontraremos unha terraza especial. Trátase de El Xalet
, un chill out entre piñeiros, ideal para gozar do aperitivo ou dun café de sobremesa. Para regresar á cidade, podemos facelo dunha forma orixinal, camiñando e utilizando unha morea de divertidas escaleiras automáticas.
A baixada farásenos máis curta e agradable mentres descubrimos os recantos da montaña máxica. Xa que estamos por alí, recordemos un fito histórico para a cidade, dando unha volta polas instalacións olímpicas e o museo que conmemora a efeméride de 1992, que aínda emociona os que a viviron en persoa ou por televisión.
18.00 h - Entre a arte e a natureza
Outros talvez prefiran aproveitar o descenso da montaña dirección cara á Praza de España, para achegarse a algúns dos centros de arte máis importantes de Europa. Destacan, sen dúbida, a fundación Joan Miró
e a súa excelente colección de arte contemporánea.
Pola súa banda, o Museo Nacional de Arte de Cataluña (MNAC)
conta coa máis completa mostra de arte sacra románica de Europa. Se viaxamos con nenos, a Fundación Joan Miró ofrece ademais concertos e actividades infantís gratuítas todos os fins de semana.
Mentres imos dun punto de interese a outro, pasearemos por unha gran selección de parques e xardíns, dende o versallesco que rodea o Palacete Albéniz ata o de cactáceas de Costa i Llobera, do máis completo a nivel mundial na súa especialidade. Como fin de festa e tamén durante a fin de semana, non hai nada como sentarse a contemplar as fontes de Montjuïc, coa súa danza única de auga, cor e música.
Con este paseo, que saca partido das alternativas que nos ofrece a montaña de Montjuïc, consumimos as nosas últimas horas en Barcelona, pero se bebemos auga da Fonte de Canaletas, como diciamos ao principio, seguro que volveremos.
Para os sofisticados:
Os devotos da cociña de deseño barcelonesa teñen unha cita no Abac
(galardoado con dous Soles Repsol), onde Xavier Pellicer ofrece unha cociña vangardista sen caer na creatividade gratuíta (avenida Tibidabo 1, Tel .: 93 319 66 00). Aconsellamos compartir os primeiros, xa que a abundancia de pratos de degustación cos que obsequia o xefe de cociña pode facer que non cheguemos ao final.
Sen reservas, na barra ou en mesas de formato escaso e cunha calidade de produto que desborda calquera expectativa, oInópia
(recomendado por Repsol), rexentado polo irmán de Ferran Adrià
, é un dos restaurantes de moda. A súa especialidade son as tapas de deseño: inesquecibles con maiúsculas (Tamarit 104, tel.: 93 424 52 31).
Gozar do relax:
Flotarium Barcelona
. Flotar é un novo concepto de saúde, benestar e beleza ao alcance de todos os que queiran mellorar a súa calidade de vida. Durante unha hora, non existe a gravidade no noso corpo e sentirémonos como nunha nave espacial, flotando sen esforzo, como no mar Morto. É o último para combater o estrés, relaxar os músculos, etc.
Para os máis aventureiros:
Voo enhelicóptero sobre Barcelona
. Contemplar a cidade a vista de paxaro é o que ofrece a empresa Cathelicopters, con saídas dende o porto de Barcelona.
Para amigos:
Copas e bailes panorámicos. Na zona do Tibidabo, no pé do funicular, hai unha pequena praza (Doutor Andreu, 2) onde se encontran algúns dos mellores e máis coñecidos pubs e disco-bares da cidade, como o Mirablau ou o Mervellé. Pero o mellor é que podemos tomar unha copa tranquilamente ou bailar ata a madrugada coa vista nocturna máis impresionante da cidade.
Para familias:
L'Aquàrium (Maremagnum)
é o centro mariño lúdico e educativo máis importante do mundo en temática mediterránea. Un conxunto de 35 acuarios, 11.000 exemplares de 450 especies diferentes, un túnel submarino de 80 metros, seis millóns de litros de auga e o inmenso oceanario fan deste centro un espectáculo único e unha referencia de ocio que xa visitaron máis de 14 millóns de persoas. O resultado é unha grande experiencia para todas as idades.
Agradecementos: Toni Vidal.