Seleccionamos para ti dez destinos de cada sección temática para que poidas atopar o que máis se adapte a ti. Castelos, miradoiros, parques naturais, balnearios...¿Que elixes?
España conta con algúns dos castelos mellor conservados do mundo. Son construcións fascinantes que nos devolven a unha época de cabaleiros, xustas e trobadores. Ofrecen moito máis que unha lección sobre o pasado. Permítennos gozar das poboacións próximas, das súas xentes e a súa cultura. Pero tamén dos seus medios naturais, das súas tradicións gastronómicas e, por suposto, das súas lendas e historias.
Gozar de paseos redescubrindo as capitais nas que vivimos e que nunca tivemos tempo de coñecer a fondo ou visitar novas localidades onde hai moito que apreciar é unha excelente opción para o noso tempo libre. Elixe unha destas dez cidades cargadas de atractivos para coñecer, aprender e gozar!
Todo o mundo se preguntou algunha vez como é a terra por dentro. As súas entrañas abren as portas a un mundo totalmente descoñecido, e espectacular. O certo é que o seu interior esconde tesouros naturais inimaxinábeis, coma estrañas formas xeolóxicas, ríos e lagos subterráneos, pinturas rupestres, grutas fluorescentes, etc.
Sempre hai un momento perfecto para reafirmar unha relación de parella. Pode ser para celebrar un aniversario, renovar promesas ou, ao revés, lanzarse a descubrir novas experiencias. Unha escapada ao lugar adecuado moitas veces é a mellor.
Aproveita a tempada de neve para gozar do esquí, os deportes de montaña e as actividades na neve. E hai moitas máis actividades para facer que as que se poden imaxinar, dentro e fóra das pistas, nos vales do Pireneo e nos estribos de Serra Nevada.
Que sería do verán sen música? Cada vez máis variados, os festivais permítennos gozar de artistas nacionais e estranxeiros dunha forma distinta. Ao aire libre, na praia ou na montaña, en dous días ou ao longo dun mes, a música forma parte do verán. Coñece os dez festivais que poñerán todo o ritmo a estas vacacións.
Calquera época do ano é un momento ideal para visitar os múltiples e variados museos que nos ofrece o país. Saír da rutina e perderse un día entre a arte e a cultura pode ser a axenda ideal para gozar sós ou acompañados.
Os hoteis rurais son a alternativa perfecta para pasar unhas vacacións plenas de natureza e actividades sen privarse do descanso e do confort. Ideais se queres pasar uns días gozando da gastronomía e de lugares sorprendentes.
A vista é un dos sentidos que máis se estimula nas viaxes. Unha fermosa paisaxe natural, unha cidade chea de historia ou un recinto monumental poden ser a escusa perfecta para visitar algún dos miradoiros desta selección.
Horizontes volcánicos, desérticos, cheos de lagos, illas solitarias, parques arqueolóxicos e unha flora e fauna exuberante. Dez dos espectáculos naturais máis emblemáticos do país esténdense ao teu paso para que os descubras ao volante, gozando da ruta e das vistas.
Aire puro, natureza e beleza. É hora de perderte entre árbores e tranquilidade. Elixe un destes dez puntos excepcionais para descubrir lugares virxes de todo tipo: os Parques Nacionais, unhas vacacións diferentes.
Xa hai moito tempo que os parques temáticos deixaron de ser "unha cousa de nenos" para convertérense en alternativas que nos invitan a coñecer e aprender sobre fauna e natureza ou pasar un día de pura diversión e adrenalina. ¡Descubre as nosas propostas antes de emprender a túa grande aventura!
Aínda que o verán é a época de praias por excelencia, calquera estación é boa para gozalas. Descubre a tranquilidade que transmiten fóra da época estival, lonxe das aglomeracións e as altas temperaturas. Propoñémosche dez praias espectaculares para sacarlles partido durante todo o ano.
Ir á praia é unha das afeccións máis implantadas no noso país. En España, afortunadamente, non temos que limitarnos ao verán, xa que contamos coas Illas Canarias, onde podemos gozar da praia todo o ano. Hai que visitalas, polo menos, unha vez na vida.
A literatura, a tradición e a paisaxe son as fontes de inspiración das dez rutas en autocaravana que se propoñen a continuación. Nuns casos son o Cid, don Quixote ou o Xacobeo que guían o viaxeiro. Noutros, a riqueza natural de lugares como a serra de Aracena, o litoral vasco ou o Condado de Treviño.
Estradas sinuosas que cruzan lugares emblemáticos da xeografía española, pistas que sen lugar a dúbida deixarán pegada... Se queres gozar das inesquecíbeis rutas aos mandos dunha moto, goza con estas propostas.
Existe un tipo de turismo canalizado directamente ás compras: o shopping urbano. Trátase de percorrer as rúas máis importantes ou fascinantes das grandes capitais en busca das mellores marcas, das firmas autóctonas ou dun detalle que só poida xurdir nesa cidade, e poder dicir: "Compreino aí".
Na túa próxima escapada, inviste en benestar. Déixate mimar e descubre o último en tratamentos de beleza e saúde. Unha aposta segura para volver renovado ao teu día a día.
O turismo activo é unha excelente opción se queremos combinar a visita a un ámbito natural coa práctica deportiva. En calquera medio, sexa por terra, baixo o mar ou sucando o aire, España ten as mellores condicións para estas actividades.
O turismo do benestar é unha das modalidades turísticas con máis adeptos nos últimos anos. As escapadas de fin de semana ou duns poucos días son ideais para desconectar da trasfegada vida cotiá. Ademais, axudan a reencontrarse cun mesmo e a recuperar as sensacións do noso corpo e mente. Se, ademais, todo isto se combina coa visita a unha cidade interesante e se complementa con diferentes actividades, o resultado é un plan de relax.
O bo tempo é a escusa perfecta para saír da casa. España ten 1700 quilómetros de infraestruturas ferroviarias habilitadas para gozar da natureza e respirar aire puro.
Os que xa probaron o submarinismo, saben que engancha, e España ofrece incríbeis e exóticos recantos para cultivar este pasatempo. Coñece 10 lugares únicos para somerxerte este verán.