Repsol

Repsol YPF


Joven Dez grandes festivais de música

Alrededores

imagen
imagen

 

Aupa Lumbreiras 

Os próximos 25 e 26 de setembro, a vila manchega de Tobarras acolle este festival, seguramente o mellor de punk-rock do país

Tres espazos que reúnen o máis destacado da escena nacional como Reincidentes, Los Suaves ou Gatillazo. E este ano, unha perla internacional sen precedentes: Die Toten Hosen, o mítico grupo alemán. A zona de acampada é gratuíta.

Máis información: www.aupalumbreiras.com


 

imagen

Bilbao BKK Live Festival 

O festival cun dos carteis máis importantes da tempada. 

Por el pasarán grupos do nivel de Depeche Mode, Placebo, Primal Scream, Jane's Adiction e moitos máis. Todo isto do 9 ao 11 de xullo nun escenario incomparábel: o Parque Natural de Kobetamendi, en Bilbao.

Máis información: www.bilbaobbklive.com

 

imagen

Concerts de l'Estiu al Poble Espanyol 

O antes chamado B-Estival estrea nome e reduce a capacidade para que a xente poida gozar de concertos máis íntimos sen perder a súa esencia: ofrecer unha alternativa atractiva para pasar as noites de verán na Cidade Condal. 

Do 1 ao 22 de xullo presentaranse artistas como Emir Kusturica, Jeff Beck, George Benson, Rosario, Rosana ou o dúo Amaral, entre outros.


Máis información: www.theproject.es

 

imagen

ContemPOPránea 

Unha gran selección do pop independente español darase cita os próximos 23, 24 e 25 de xullo na localidade estremeña de Alburquerque. 

Na súa décimo cuarta edición, presentaranse Vetusta Morla, The Yellow Melodies, The Wedding Present e Lentejas los Viernes, entre moitos outros. Este festival ten lugar en "El paseo de las laderas" que rodea a montaña coroada por un maxestoso castelo medieval. A escasos metros da fortaleza amurallada está o escenario.


Máis informaciónwww.contempopranea.com

 

imagen

Creamfields 

Creamfields Andalucía terá a súa sexta edición o próximo 15 de agosto na praia de Guardias Viejas. 

Este festival electrónico de referencia contará con dous escenarios que durante 15 horas brindarán o mellor e máis destacado da escena electrónica actual. Tiësto, Trentemøller e Rex The Dog son só algúns dos confirmados ata o momento. Unha experiencia musical para gozar dende o crepúsculo ata ao amencer.

Máis información: www.creamfields-andalucia.com

 

 

imagen

Festival Castell de Perelada 

Do 18 de xullo ao 16 de agosto, a música, o teatro, a ópera e a danza danse cita neste prestixioso festival.  

Na acolledora atmosfera da Igrexa do Carmen e no Auditorio de Los Jardines del Castillo daranse cita artistas como Joan Manuel Serrat, Tomatito & Cigala, o cuarteto Toldrà, o tenor José Cura, o Corella Ballet, a representación da obra "La Casa de Bernarda Alba" de García Lorca e moitos máis. O proxecto Petit Perelada afiánzase como un atractivo ideal para que os máis pequenos se inicien no mundo das artes escénicas.

Máis informaciónwww.festivalperalada.com

 

imagen

FIB - Festival Internacional de Benicássim 

Unha excelente oferta para este verán do festival de pop rock independente e alternativo que xa leva 15 anos de éxitos na costa valenciana.

Festival internacional independente que se dá cita na Costa Azahar do 16 ao 19 de xullo. O sol, a praia e as covas son o escenario para que Oasis, Franz Ferdinand, The Killers ou Fangoria fagan bailar miles de mozos europeos.

Máis informaciónwww.fiberfib.com

imagen

Festival Luna Lunera 

A aragonesa Lonxa Medieval de Sos del Rey Católico brinda o seu inigualábel ámbito para gozar destes concertos que ofrecen unha gran variedade de estilos. 

A tribuna do público, cunha capacidade limitada a 500 persoas, brinda unha complicidade cos artistas poucas veces lograda. Dende o 28 de xullo ata o 15 de agosto, pasarán polo escenario Macaco, Chambao, Tequila, Sergio Makaroff, Enrique Bunbury, Manolo García e moitos máis.

Máis informaciónwww.lunalunerafestival.com

imagen

Monegros Desert Festival 

Na súa edición número 15 e coa súa inconfundíbel escenografía que recorda a paisaxe típica dunha película western, o Monegros Desert Festival presenta un cartel con Orbital e Carl Cox á cabeza. 

O 18 e 19 de xullo, os cinco escenarios funcionarán durante 20 horas ininterrompidamente con máis de 50 artistas. Unha oportunidade única para gozar do baile e da música electrónica ao aire libre.

Máis informaciónwww.monegrosfestival.com

 

imagen

Sonorama 

Un festival que ofrece cine e música independente os próximos 13, 14 e 15 de agosto. 

O festival burgalés, que se realiza hai once anos en Aranda del Duero, ofrece este ano a artistas como Vetusta Morla, Josh Rouse, Kiko Veneno, Nacho Vegas, Loquillo, La Habitación Roja, We Are Standard e moitos máis.

Máis información: www.sonorama-aranda.com