Preparamos para ti unha selección dos nosos paradores favoritos en España. Déixate seducir polas súas paisaxes, os seus servizos, as súas comodidades e as súas historias. Unha forma de percorrer o noso país ao grande. ¿Anímaste a probalo?
O Parador de El Saler, situado a tan só 16 quilómetros de Valencia, ofrécenos unha ocasión única para relaxarnos e gozar da paisaxe mediterránea.
Nunha diminuta península rodeada de acantilados, o Parador de Baiona, en Pontevedra, ofrece a mellor panorámica sobre o Atlántico.
Restaurantes
, O tempo
Situado sobre un outeiro, e cunhas marabillosas vistas da LLanada Alavesa, está o Parador de Argómaniz, Álava.
O valo do convento de Santo Tomás, convertido no novo Parador de Alcalá de Henares, oculta un proxecto arquitectónico extraordinario, que xa foi exposto no MOMA de Nova York.
Restaurantes
, O tempo
, Madrid en 48 horas
O azul do Mediterráneo contrasta co verde intenso do 'green' no Parador de Málaga Golf, o máis antigo de Andalucía.
Nun contorno privilexiado, en La Granja de San Ildefonso, acaba de abrir as súas portas un novo Parador, no marco dunha paisaxe montañesa incomparábel.
O Parador de Vielha é o espazo ideal para perderse nas profundidades do Val de Arán e coñecer as mellores paisaxes desta bisbarra ilerdense.
O Parador de Almagro, en Cidade Real, ten corpo e alma de teatro renacentista. Descubrilo é internarnos nun universo apaixonante.
Restaurantes
, O tempo