13 estampas da traizón

13 estampas da traizón

A Fundación Luis Seoane inaugura este mércores 25 de outubro, ás 20:00, a exposición 13 estampas da traizón. 80 anos da publicación -A mostra, comisariada pola directora da Fundación, Silvia Longueira Castro, e a profesora da Universidade da Coruña Mª Antonia Pérez Rodríguez, celebra os 80 anos da publicación en 1937 do primeiro álbum de debuxos de Luis Seoane, Trece estampas de la traición- Ata o vindeiro 1 de abril, a Fundación Luis Seoane acollerá a exposición 13 estampas da traizón. 80 anos da publicación, un percorrido a través da obra plástica de diferentes artistas, documentación diversa e abundante bibliografía que contextualiza o momento histórico, artístico e cultural no que se xestou o primeiro álbum de debuxos de Luis Seoane, publicado xa cando o artista galego está no exilio na Arxentina. Xuntamos unha nota de prensa, un dossier e varias imaxes. Agardando que este proxecto sexa do teu interese, recibe un cordial saúdo Pés de imaxe: 001. Luis Seoane. 13 estampas de la traición. Bos Aires-Montevideo, 1937. Álbum de debuxos (portada). Colección Fundación Luis Seoane. 002. Luis Seoane. O estatuto libertará a nosa terra, 1936. Serigrafía. Colección Fundación Luis Seoane. 003. Luis Seoane. Felicitación para o aninovo, 1938. Colección particular

Lugar

Fundación Luis Seoane

Más eventos en A Coruña