A descrición normalizada de autoridades nos arquivos

A descrición normalizada de autoridades nos arquivos

A Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, convoca unha xornada informativa Esta xornada estará a cargo de Ana María López Cuadrado, funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros e Bibliotecarios do Estado dende 2007. Traballa no Centro de Información Documental de Archivos como responsable da Área de Normalización, coordina o Censo Guía de Archivos de España e Iberoamérica e os traballos de normalización de autoridades arquivísticas dentro da Plataforma Portal de Archivos Españoles (PARES). No ámbito europeo forma parte do equipo de Goberno do Portal Europeo de Arquivos (APE) dende maio de 2017, é Country Manager do APE en España, e coordina o Grupo de Traballo de Estándares do propio proxecto APE. O propósito desta xornada é que os profesionais dos arquivos galegos coñezan con máis profundidade a descrición normalizada de entidades arquivísticas e as súas relacións, o traballo por proxectos ou a interoperabilidade dos arquivos españois con outros sistemas arquivísticos europeos e internacionais. Organiza: Secretaría Xeral de Cultura Lugar: Biblioteca e Arquivo de Galicia, Sala 2 Día: 5 de marzo de 2018 Horario: de 9.30 h e de 16 a 19 h. Duración: 7.30 horas Inscrición na páxina web http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/descricion-normalizada-de-autoridades-nos-arquivos Acceso libre ata completar o aforo (30 plazas).

Lugar

Atardecer no Gaiás

Dirección

Plaza Exterior, s/n 15704 - Santiago de Compostela

Más eventos en A Coruña

Andrés Suárez

Coruña, A (Galicia)

Veinte

Coruña, A (Galicia)

De raíz

Coruña, A (Galicia)

Moi, un noir

Coruña, A (Galicia)

Entre pompas anda el juego

Coruña, A (Galicia)