ACova20Anos no Garufa Club de A Coruña

ACova20Anos no Garufa Club de A Coruña

ACova20Anos no Garufa Club de A Coruña. No XX aniversario de A Cova Céltica queremos facer a mellor programación posible, e logo de case tres meses de concertos, charlas, presentación e foliadas queremos rematar cunha gran festa como colofón final, onde a música sexa a gran protagonista. Co fin de que caibamos o maior número de xente, celebraremos a festa o domingo 20 de maio no Garufa Club. A xornada comezará ás 19h coa foliada dos Os Noventa da Coruña, banda xa mítica nacida no noso bar. A continuación, ás 19:30, chega a quenda dos Samarúas, grupo con gran proxección no panorama folk galego. Seguirá a festa cos Noventa no cambio de escenario para dar paso ás 21:15 ao prato forte da noite, Davide Salvado e Pedro Pascual, un dúo onde estes dous xigantes da música galega xuntan os seus saberes para o noso deleite. Todo isto será dirixido e animado por unha parella inigualable, Xurxo Souto e Teruca Queiro. Todo un pracer para nós contar con todo este elenco de grandes artistas e mellores amigos e amigas nosos. Poderedes conseguir as vosas entradas dende hoxe mesmo na Cova Céltica até a mesma véspera dos concertos (sábado 19 de maio) por 8€. Tamén o mesmo día poderes facervos coa entrada na billeteira do Garufa por 10€. Agardamos vervos a todos e a todas no Garufa no que será unha gran festa. #ACova20Anos

Lugar

Sala Garufa Club

Más eventos en A Coruña